Últimos días para participar no concurso fotográfico do Entroido pobrense

O concurso fotográfico Choqueirada na casa, impulsado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, cerrará o prazo para participar o vindeiro 21 de febreiro. Esta iniciativa púxose en marcha como unha alternativa ás actividades máis tradicionais que se facían nestas datas, pero que a pandemia impide.
O certame está dividido en cinco categorías: a infantil (ata 12 anos); a xuvenil (de 13 a 17); a adulta (a partir de 18); a familiar; e a categoría especial (imaxe antiga de choqueiros na Pobra do Caramiñal). Así, o concurso repartirá 2.000 euros en vales de compra para utilizar en establecementos locais. Nas tres primeiras modalidades mencionadas os estableceranse 3 premios (primeiro de 200 euros, segundo de 150 e
terceiro de 100), e na foto antiga o gañador recibirá 200 euros.
Tódalas persoas interesadas en participar deberán enviar unha imaxe en formato dixital JPG a través do enderezo electrónico culturapobra@gmail.com, indicando o nome do disfrace, categoría, nome e apelidos da persoa e un número de teléfono de contacto. O ditame realizarase o 26 de febreiro e as persoas gañadoras anunciaranse na páxina web do Concello, lugar no que tamén se atopan as bases do concurso.