Rosario Sarmiento ofreceu nos IES de Ribeira dous relatorios sobre o poder anti-belicista da arte

25 Febreiro 2021

A historiadora da Arte Rosario Sarmento impartiu este xoves 25 de febreiro dous relatorios nos institutos do municipio. En ambas sesións afondou no papel dos artistas galegos na denuncia dos conflitos armados.

Organizada pola firma cultura A Forxa co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración da Concellería de Educación e o Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira, os relatorios levaron por título Da guerra coma arte á arte en contra da guerra.

Ás 9.40 horas, Sarmiento estivo no IES Leliadoura e ás 12 do mediodía no IES Número 1.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.