Reciben os seus premios as tendas de Ribeira distinguidas no concurso de escaparatismo de Nadal

08 Febreiro 2021
Entrega do galardón a La Urbana Store

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e a concelleira de Cultura, María Sampedro, desprazáronse na mañá deste luns 8 de febreiro ata as sedes físicas dos tres negocios que resultaron gañadores do concurso de escaparatismo de Nadal promovido polo Concello, na modalidade de establecemento comercial.

Entrega do premio a Alba Santos

Así, a tenda de moda La Urbana Store e a perruquería Alba Santos (ambas en Santa Uxía) e a Tenda de San Martiño (esta última, situada na parroquia de Oleiros) foron os distinguidos co primeiro, segundo e terceiro premio grazas aos gústame recibidos de parte da veciñanza na páxina Entérate Ribeira en Facebook.

A Tenda de San Martiño, en Oleiros, recibindo a súa distinción

Álvaro Muñiz, Alba Santos e Sandra Villanustre recolleron cadanseu diploma conmemorativo, ademais de obter un premio en metálico por valor de 300, 200 e 100 euros, respectivamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.