Política Social investirá 156.000 euros para construír o punto de encontro familiar en Ribeira neste 2021

12 Febreiro 2021
  • A Xunta licitará nos próximos días as obras para a construción do Punto de Encontro Familiar (PEF) de Ribeira por 156.000 euros e destinará máis de 150.000 euros anuais para o seu mantemento. A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada polo alcalde ribeirense, Manuel Ruiz, visitou esta mañá o lugar no que se vai emprazar este centro, que permitirá que as nais e pais separados ou en trámites de separación do Barbanza realicen as visitas que lles corresponde dun xeito seguro.

A conselleira sinalou que Ribeira, como capital de comarca, ten a responsabilidade de ofrecer servizos esenciais para as súas 66.000 veciñas e veciños. Neste sentido, apuntou que este PEF permitirá que as familias que ata o de agora se tiñan que trasladar a Santiago para realizar estas visitas, conten con este servizo nas súas proximidades. Ademais, converterá a este Concello no primeiro en ter un centro destas características fóra das sete cidades. Está previsto que as obras finalicen antes de que remate o ano.

Fabiola García lembrou que o Goberno galego continúa mellorando a rede autonómica de Puntos de Encontro Familiar. Neste sentido, asegurou que nos pasados meses se ampliou o horario de todos os PEF de cinco a sete días á semana, para poder cumprir coas medidas xudiciais e atender aos protocolos de prevención fronte á covid-19.

Por outra banda, a conselleira lembrou que a Xunta segue incrementando os servizos para as pequenas e pequenos do Barbanza e para as súas familias. Como mostra disto, resaltou a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos para os segundos fillos e sucesivos que xa é unha realidade no concello de Ribeira.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.