Pesar en Ribeira pola morte de don Antonio Pérez Patiño, “o zapateiro de Bandourrío”

Conmoción e pesar deixaron en Ribeira a nova da morte de Antonio Pérez Patiño, popularmente coñecido polo seu traballdo durante décadas, o zapateiro de Bandourrío.

Os seus restos mortais descansan no tanatorio de Ribeira. O enterro será este luns ás 16.20 horas no cemiterio da capital comarcal. Ao seu termo celebrarase o seu funeral na igrexa parroquial de Santa Uxía. Alí daráselle o último adeus a Antonio Pérez Patiño, quen para todos foi o Zapateiro de Bandourrío.