Falece en Boiro a matriarca da familia Alonso, dona Josefa Alonso Fernández

Este domingo faleceu dona Josefa Alonso Fernández, integrante dunha das principais familias emprendedoras de Boiro.
Popularmente coñecida como Xefa, era a nai de Jesús, Xefa, Lela e José Manuel, matriarca dunha das familias máis emblemáticas de Boiro e da comarca que xestionaban gran número de empresas, entre elas Jealsa.
Os restos mortais de Josefa Alonso sairán este luns ás 10.30 horas do tanatorio de Boiro en dirección á igrexa parroquial de Santa Baia, onde se oficiará o funeral, tras o cal serán trasladados ao cemiterio municipal de Vista Alegre.