Os GALP galegos promoven unha escape room mariñeira para celebrar o Día dos Museos

24 Febreiro 2021

Para celebrar o 18 de maio, o Día Internacional dos Museos, e facelo ademais de xeito seguro, participativo, creativo e accesíbel, os responsábeis do proxecto REMA (financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Galego, GALP), prepararon un xogo en liña en formato escape room no que os colexios participantes terán que resolver un misterio, seguindo unha serie de pistas que atoparán de modo virtual en 27 museos pertencentes á Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (REMA).

Os cinco colexios que resolvan o reto nun menor tempo serán convidados, o día 18 de maio de 2021, a un dos museos da Rede REMA, a competir nunha escape room de temática mariñeira deseñada para a ocasión, onde se decidirá quen é o mellor “equipo investigador galego”.

O obxectivo desta iniciativa, sinalan os responsábeis do proxecto, é “promover a difusión do patrimonio mariñeiro atlántico europeo entre os escolares de zonas costeiras galegas, a través do uso da tecnoloxía e convidando a cada alumna e alumno a sacar o detective que leva dentro”.

Os centros interesados poderán realizar a súa solicitude ata o 28 de febreiro a través da conta de correo rema360@redrema.eu. A organización advirte que as prazas son limitadas. Para máis información cómpre visitar a web do proxecto REMA ou o vídeo específico sobre a actividade subido ao Youtube.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...