Os GALP activan a segunda edición do seu programa para garantir o relevo xeracional no mar

19 Febreiro 2021

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) puxeron en marcha a segunda edición dun programa dirixido a a asegurar o relevo xeracional no noso sector pesqueiro, co fin de manter, nas vindeiras xeracións, a continuidade económica, social e histórica deste relevante piar produtivo.

Os grupos (Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, A Mariña-Ortegal, Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia e Ría de Arousa) achegarán formación, capacitación e asesoramento (con titorías persoais, sesións participativas e abertas e visitas a empresas e entidades do sector do mar) a través de diversas actividades, todo dende unha óptica de sustentabilidade e de posta en valor das actividades económicas ligadas ao mar e ao marisqueo.

A nova edición do programa Relevo (que chega cun algo de atraso por mor das medidas restritivas para frear o avance da COVID-19) vén con mellor dos precedentes: o éxito de participación e implicación logrado pola primeira entrega. A previsión é que as actividades comecen este mes de marzo.

Os requirimentos para poder participar na segunda edición de Relevo son os seguintes: ser maior de 16 anos e estar empadroado nalgún dos concellos do territorio do GALP. As persoas interesadas poden consultar toda a información sobre o proxecto na páxina web relevo2020.org, escribindo un correo electrónico a info@relevo2020.org ou ben chamando ao teléfono 633 335 463.

O proxecto Relevo é en si mesmo un recordatorio á xuventude (mozas e mozos de entre 16 e 30 anos) para que se identifique co mantemento e desenvolvemento da actividade ligada ao mar, a través de formación, encontros, asesoramentos e actividades que contribúan ao mellor coñecemento dos recursos do noso litoral.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...