Os Centros Sociais de Boiro poñen a disposición da veciñanza unha publicación sobre o Óso de Abanqueiro

18 Febreiro 2021

O Concello de Boiro edita unha nova publicación dos Cadernos Culturais que leva por título Entroidos populares. O Enterro do Óso en Abanqueiro. Vaise repartir de xeito gratuíto e pode conseguirse, a partir deste venres 19 de febreiro, nos Centros Sociais de Abanqueiro, Boiro, Cabo de Cruz e Escarabote.

O Concello explica que “con esta publicación recuperase unha liña editorial propia que non se editaba dende fai máis de 10 anos”. Tamén sinala que “este novo volume comeza unha terceira etapa desta colección cunha liña sobre a recuperación da memoria histórica, xirando a primeira publicación arredor do enterro do óso en Abanqueiro, unha tradición que data de fai máis de 100 anos”.

Presentación dos Cadernos Culturais de Boiro, celebrada os días pasados

A idea parte dun proxecto da educadora social Sara Roo, que fai as súas prácticas no Concello de Boiro.

O volume dos cadernos culturais sobre o enterro do óso estará dispoñíbel a partir deste venres e repartirase de xeito gratuíto entre a veciñanza de Abanqueiro. Todas as persoas que queiran conseguir un volume desta publicación poden facelo tamén nos Centros Sociais de Abanqueiro, Boiro, Escarabote e Cabo de Cruz.

Outros artigos

Volve o Concurso de Pintura ao Aire Libre de Noia

O vindeiro sábado 12 de setembro, Noia volverá converterse nun gran lenzo ao aire libre coa celebración do XVIII Concurso de Pintura ao Aire Libre “Juan José Fernández Leiceaga, Sesé”, organizado polo Concello, que informou que🖌️ ao abeiro deste certame...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.