Oito falecidos por Covid-19 eleva a cifra total de vítimas a 2.172 en Galicia

20 Febreiro 2021

A Consellería de Sanidade informou este sábado de oito persoas falecidas con covid-19 en Galicia entre o venres e o sábado, co que a cifra total de mortes asociadas á pandemia elévase ás 2.172.

En concreto, correspondentes ao venres, infórmase do falecemento dunha muller de 77 anos que se atopaba ingresada no Hospital Clínico de Santiago, así como unha muller de 96 e un home de 89 que estaban no Hospital da Coruña.

No Hospital de Pontevedra morreu unha muller de 87 anos e un home de 84 no de Ferrol. Finalmente, este venres faleceron tamén dous pacientes no Hospital de Ourense: unha muller de 85 anos e un home de 77.

A Consellería informa tamén dun falecemento ocorrido este sábado, o dun home de 86 anos no Hospital de Pontevedra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.