O xoves choivas xeneralizadas, tregua o venres e sábado

10 Febreiro 2021

O xoves a comarca e Galicia estará afectada polo paso dunha nova fronte moi activa nas horas centrais do día. Deste xeito, as chuvias comezarán desde primeira hora polo litoral atlántico, estendéndose progresivamente ao resto do territorio; serán moi persistentes e puntualmente fortes, especialmente en puntos de Pontevedra e sur da Coruña. As temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas mínimas. O vento soprará de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico.

Depresión de 969 mb no Atlántico, moi ó norte de Azores. Altas presións de 1040 mb centradas en Suecia.

No mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

marquesinafoto xoán crespo26/03/2019

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.