O mércores será unha xornada de transición á espera dunha nova fronte que chegará ao final do día. Así, comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e e algunha chuvia illada no terzo norte. Co avance do día iranse abrindo claros e non se agardan chuvias. Pola noite aumentan as nubes e as chuvias irán chegando a toda a Comunidade durante a madrugada. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo, con intervalos de moderado, de compoñente oeste e irá virando a sur e aumentando de intensidade ao final do día.

Borrasca de 985 mb situada ao norte de Galicia.Atención para martes: Ondas por riba dos 4 metros no litoral atlántico. Ventos de forza 7 ao principio e final da xornada
Na nosa costa: Vento do sudoeste á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 5 a 7 á mañá, 4 a 5 á tarde e 6 a 7 á noite. Media vaga á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á tarde e 5 a 6 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:09 | 3.4 m |
| Baixamar | 08:25 | 0.9 m |
| Preamar | 14:43 | 3.3 m |
| Baixamar | 20:45 | 0.9 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:01 | 3.3 m |
| Baixamar | 08:20 | 0.9 m |
| Preamar | 14:34 | 3.2 m |
| Baixamar | 20:37 | 1.0 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:06 | 3.3 m |
| Baixamar | 08:24 | 0.9 m |
| Preamar |




