O luns volven as choivas e temperaturas sen cambios

28 Febreiro 2021

As altas presións retiraranse lixeiramente cara ao interior e a presenza de aire frío nas capas medias e altas da atmosfera aumentará a inestabilidade durante esta xornada. Isto quere dicir que os ceos presentarán unha alternancia de nubes e claros, con chuvascos na maior parte de Galicia, sin descartar que sexan acompañados de aparato eléctrico. As temperaturas non terán cambios en xeral, aínda que as máximas na Mariña lucense aumentarán considerablemente xa que non teremos a influencia do nordés e descenderán na metade sur do territorio. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur. O martes regresa o tempo seco e soleado.

Meteogalicia

Altas presións de 1035 mb sobre Polonia. Baixas presións de 995 mb ao oeste de Irlanda.

O NOSO MAR: Vento do sueste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 4. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1 a 1.5 metros á tarde e 0 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar05:184.1 m
Baixamar11:310.3 m
Preamar17:403.9 m
Baixamar23:410.3 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:094.0 m
Baixamar11:220.3 m
Preamar17:333.8 m
Baixamar23:330.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:144.0 m
Baixamar11:270.3 m
Preamar17:373.8 m
Baixamar23:380.3 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.