O IES Barraña colabora nun certame artístico para poñer en valor a figura das mulleres galegas

25 Febreiro 2021

O recoñecemento da figura da muller galega segue a ser unha tarefa pendente na sociedade, xa que a pesares de levar presente ao longo de toda a historia en Galicia, son poucas as veces nas que se puxo en valor a súa importancia. Co obxectivo de cambiar esta realidade, Promove Consultoría e Formación SLNE pon en marcha a II Edición do Concurso Ilustradas, un proxecto artístico que integra a aprendizaxe técnica e posta en valor das mulleres sobre as que investigar para coñecer e recoñecer o seu legado, e do que formará parte o IES Barraña (Boiro). A iniciativa tamén vén da man da Deputación.

O certame desenvolverase en colaboración con nove centros educativos da provincia da Coruña, entre eles o IES Barraña, onde o alumnado poderá participar no concurso. Deste xeito, os participantes poderán optar a que a súa obra sexa unha das seis seleccionadas para formar parte do II Catálogo Ilustradas no que se recollerán as ilustracións das mulleres galegas importantes, pero en moitos casos descoñecidas porque non tiveron o recoñecemento que merecían.

Esta iniciativa dará a oportunidade a máis de 300 alumnos e alumnas dos centros educativos da provincia da Coruña a mostrar o seu talento nas artes plásticas e a ilustración. O prazo do concurso remata o vindeiro 8 de marzo, data na que se realizará a selección das seis persoas e ilustracións premiadas do concurso, así como o resto de obras que formarán parte do Catálogo. O mes de abril acollerá, en principio e dependendo da evolución da COVID-19, o acto de entrega de premios, así como a presentación do II Catálogo Ilustradas.

Outros artigos

O Maio Vintage Market de Boiro adíase até o 11 de maio

O Concello de Boiro vén de confirmar que por mor das previsións meteorolóxicas adversas, o Maio Vintage Market previsto para este sábado queda aprazado ata o vindeiro sábado 11 de maio. A cita estaba prevista para este día 4, durante toda a xornada, na céntrica rúa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...