O cribado realizado no Consistorio de Boiro arroxa cinco casos positivos

10 Febreiro 2021

O Concello de Boiro vén de emitir un informe sobre a evolución da COVID no Consistorio, que, como anunciamos estes días, está a verse afectado por contaxios de coronavirus. Segundo fai saber, xa son cinco os casos positivos no brote de coronavirus detectado na Casa do Concello e que afecta a traballadores da Administración local. As probas PCR realizadas este martes entre os contactos directos deron o resultado de tres novos positivos, polo que son un total de cinco os infectados.

A maiores o Goberno boirense anunciou que se vai facer un cribado masivo a todo o persoal traballador do Consistorio para desbotar posíbeis novos contaxios ou casos asintomáticos.

Polo que se refire aos contactos directos das persoas con positivo o Concello fai saber que se atopan en corentena preventiva á espera de ser chamados para facer a proba.

Amais, os departamentos estarán traballando co cincuenta por cento da xente en presencial, sen atención ao público, e o outro cincuenta en teletraballo para evitar os contactos na medida do posíbel.

O Concello engade que todos os departamentos seguen a funcionar con normalidade “pero sen atención ao público”, con atención telefónica e telemática, a espera de que sexa chamados a facer as probas PCR e coñecer os resultados. A Casa Consistorial seguirá pechada, sen atención presencial ata novo aviso e as cuestións urxentes atenderanse de maneira telefónica ou telemática.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.