O Concello de Rianxo convida á cidadanía a celebrar un Entroido virtual

12 Febreiro 2021

O Concello de Rianxo vén de anunciar a celebración dun Entroido virtual, co fin de seguir mantendo as tradicións pero dende a casa. Este ano a celebración consistirá en publicar fotografías e vídeos curtos dos disfraces a través das redes sociais, ademais de escenas e actuacións cantando, bailando e actuando.

Nesta celebración haberá 3 categorías. Unha será individual, outra familiar (onde aparecerán membros de distintas xeracións) e a última pertencerá a grupos de non conviventes, aínda que estes non poderán saír de forma conxunta. Desta forma, o 23 de febreiro sortearase un lote de agasallos ou vales por cada categoría. Por iso é importante que todos aqueles que queiran participar no sorteo, envíen a súa ficha de inscrición á web do Concello.

As fotos e os vídeos que se deberán ser publicados co cancelo #entroidorianxeiro2021 nas redes socias como Facebook, Instagram, Twitter, Tiktok e Youtube.

Os interesados poderán consultar a páxina web do Concello para comprobar e recibir máis información.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.