O Concello de Rianxo celebrará o Día de Rosalía de Castro con diversas propostas culturais

23 Febreiro 2021

O Concello de Rianxo celebra este mércores 24 de febreiro o Día de Rosalía de Castro, recollendo os seus poemas musicados nunha lista de reprodución do Youtube.

Todos os anos o Concello realiza a súa homenaxe publicamente nas rúas e prazas da localidade, pero este ano por mor da COVID – 19, non poderase levarse a cabo.

Na listaxe de reprodución de vídeos de Youtube participarán máis de 40 artistas de estilos musicais diferentes. Entre eles destacan persoeiros como Amancio Praga ou Aida Saco e grupos de rock, rap, trap e jazz.

Doutra banda, o Concello de Rianxo e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel traballarán na elaboración dun caderno de recompilación onde se publicarán textos de Rosalía de Castro. O alumnado e o profesorado encargarase de difundilos a través da lectura na casa. Ademais, o Instituto Rianxeiro e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizarán un programa dentro do ciclo Camiñando entre mulleres, no que darán visibilidade ao traballo das mulleres que escriben en lingua galega. Desta forma, o alumnado poderá desfrutar dunha conferencia virtual coa profesora da Universidade de Barcelona María Xesús Lama, premio nacional de ensaio polo estudo Rosalía de Castro; cantos de independencia e liberdade.

Con todo, faranse conmemoracións por todo o país para lembrar a existencia de Rosalía. De feito, numerosas asociacións e entidades do ensino celebrarán este Día. Destacan por exemplo a Fundación Casa Rosalía de Castro, que pretende animar a todo o mundo a cociñar o caldo da escritora.Final del formulario

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.