O Concello de Boiro retoma a súa actividade normal ante a mellora da situación sanitaria

23 Febreiro 2021

O Concello de Boiro celebrou este martes 23 unha nova sesión semanal da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19. Segundo se confirmou trala xuntanza, o Goberno boirense retoma a súa actividade normal “tras non detectarse novos casos positivos entre o persoal que estaba en corentena e recibir a alta todas as persoas con positivo detectadas no gromo de coronavirus”.

O Concello engadiu que até o día de hoxe a actividade do Consistorio estaba ao 50% (coa metade das traballadoras e traballadores desenvolvendo o seu labor presencialmente e a outra metade teletraballando para reducir os contactos), pero que a evolución positiva da incidencia permite volver a unha situación de relativa normalidade. Con todo, o Executivo boirense puxo o foco na necesidade de seguirmos empregando cita previa e de dar prioridade aos trámites telefónicos e telemáticos sempre que sexa posíbel.

Polo que respecta aos centros municipais, comezarán a retomar tamén a súa actividade de xeito paulatino.

As bibliotecas municipais volven abrir para préstamo e devolución de libros e as salas de estudo permiten a estadía en sala cunha capacidade máxima do 30%, respectando a distancia de seguridade e co uso obrigatorio de máscara e vaise restablecer tamén a programación cultural.

Coincidindo coa entrada en vigor das novas medidas da Consellaría de Sanidade, vaise permitir o uso de pistas deportivas ao aire libre e parques infantís, “cumprindo sempre as medidas de seguridade vixentes decretadas polas autoridades”, informou o Concello, engadindo que as instalacións deportivas municipais “estarán dispoñíbeis para a práctica de deporte federado, previa solicitude ao departamento de Deportes, e seguindo sempre os protocolos que indique a federación correspondente.”

O Goberno boirense fixo saber que tamén que este martes retómase o mercado semanal que se celebra os martes na avenida da Constitución, que estaba temporalmente cancelado, cun 50% dos postos. “Os axentes da Policía Local coidan que se cumpran as restricións e medidas de seguridade como son o uso obrigatorio de máscara e que se eviten as aglomeracións de persoas”, informaron dende o Consistorio.

Balance de dispositivos e sancións

Os axentes da Policía Local seguen velando polo cumprimento das restricións e medidas de seguridade. Na última semana interpuxeron 23 denuncias. 6 polo uso indebido de máscara; 1 por fumar sen manter a distancia de seguridade; 3 por non respectar o peche perimetral; 3 por incumprir o toque de queda; 8 por xuntanzas de persoas non convivintes e 2 por beber na rúa e non respectar a distancia de seguridade.

O Concello de Boiro agradece a cidadanía “o cumprimento das medidas e restricións que fixeron durante este tempo para baixar o nivel de incidencia no municipio”. Tamén fai un chamamento tamén á responsabilidade individual e lembra “a importancia do cumprimento de todas as medidas de seguridade e hixiene decretadas polas autoridades sanitarias para que o número de casos activos e contaxios siga en descenso”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...