O Concello de Boiro instala puntos de reparación de bicicletas

12 Febreiro 2021

O Concello de Boiro vén de instalar unha columna con equipamento para que, de xeito gratuíto, a cidadanía poida facer pequenas reparacións en bicicletas. Unha destas columnas está xa habilitada no exterior da Casa das Colonias de Praia Xardín, a carón do carril bici, precisamente. Con esta medida, o Concello quere facilitar ao máximo os medios de transporte saudábeis e limpos, tanto como recurso de mobilidade como para a práctica deportiva e do lecer. Segundo confirma o Goberno local, detectouse, de feito, un incremento notábel das persoas que usan bicicleta e que, ademais, demandan infraestruturas e servizos relacionadas.

En concreto, o obxectivo do Concello de Boiro é “potenciar o uso tanto de bicicletas como de vehículos de mobilidade persoal”, polo que está traballando na instalación de aparcabicis, que se colocaron xa en diversos puntos do municipio, e por aumentar os quilómetros de carrís bici no termo municipal.

A columna para arranxos e mantemento acabada de instalar está equipada con ferramentas para poñer as bicicletas a punto, “xa que moitas persoas non dispoñen nas súas casas do equipamento e dos espazos axeitados para facelo”.

En breve o Concello adquirirá máis destes elementos para habilitados noutros recantos do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.