O BNG e a Comisión pola Memoria Histórica do Barbanza anuncian novas medidas para erradicar a simboloxía franquista en Ribeira

10 Febreiro 2021

Membros do BNG ribeirense e da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB) mantiveron unha xuntanza para tratar cuestións relativas á necesidade de avanzar na eliminación de simboloxía da ditadura e camiñar cara ao que denominaron “a restitución da memoria democrática no concello de Ribeira”.

Os membros do Bloque trasladaron á CMRHB a intención de presentar algunha iniciativa para que o Concello de Ribeira avance na erradicación de simboloxía que aínda perdura da ditadura. Segundo informou o voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, “desde hai varios anos o Goberno local non fixo nada para eliminar os vestixios que aínda quedan no municipio e non son poucos”. Vázquez Cobas detallou que “aínda existen lavadoiros con símbolos totalitarios, distincións a militares golpistas como José María Rivera de Aguilar e Fernando Suárez Tangil como fillos adoptivos e mesmo rúas a falanxistas declarados como Diego Delicado ou Rodríguez Bautista”.

Tanto os membros da CRMHB como o BNG concordaron en que “isto é unha completa anormalidade pois, nunha sociedade con principios democráticos, non pode haber cabida para que haxa honras e distincións a membros que participaron e apoiaron a ditadura que tanta represión causou e tantos asasinatos provocou”. E engadiu Cobas: “Que se manteñan en 2021 estas honras e distincións deixa en evidencia que hai que seguir traballando para que desmantelar os privilexios e favores da ditadura”.

A xuntanza foi virtual para cumprir coas normas sanitarias e participaron os concelleiros Xosé Vázquez Cobas, Luís Pérez Barral e a responsábel de Acción Social do BNG Cruz Rivadulla e os membros da CRMHB Celia Pillado, Pili Pereiro e Xulio Ageitos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.