O BNG de Ribeira pide mellorar a limpeza e o mantemento de parques infantís e zonas verdes

27 Febreiro 2021

Ribeira e as súas parroquias contan cun bo número de parques infantís e áreas de lecer que presentan un estado de conservación insuficiente, sobre todo após varios meses en desuso por mor das restricións para facerlle fronte á Covid-19. Desde o BNG,din, son conscientes de que a veciñanza é moi crítica coa situación na que se atopan algúns destes equipamentos porque existe un desleixo por parte do goberno local para evitar que o estado de conservación sexa tan malo.

Segundo informou o concelleiro Luís Pérez Barral, “os parques e áreas de lecer deterióranse máis co paso dos anos e tamén por non adoptar as medidas de conservación oportunas de maneira anual”. Após dous meses e medio sen poder empregar debidamente os parques infantís, áreas verdes e parques biosaudábeis o Concello de Ribeira debe facerlle unha posta a punto porque moitos presentan carencias importantes. Pérez Barral considera que “calquera persoa pode atopar en elementos de xogo infantís; partes rotas, limo acumulado polo paso do tempo, suciedade, ferruxe, valos de madeira sen pintar nin vernizar, zonas de xogos sen acolchar e un longo etcétera”. Tamén nas áreas verdes hai unha falta de planificación na roza da vexetación, pois é habitual atopar abundante vexetación que debería estar rozada para que a veciñanza poida desfrutar en condicións da área de lecer cando hai bo tempo.

Para o BNG, o Concello de Ribeira é consciente destas eivas, pois non é a primeira vez que o Bloque trae ao Pleno as deficiencias en zonas infantís e áreas de lecer, senón que tamén o teñen feito veciños e veciñas a título individual e mesmo clubs deportivos, ou as asociacións veciñais como a Asociación de Veciños de Carreira, a Asociación Social e Cultural de Bandaorrío ou a Asociación de Veciños de Oleiros, entre outros colectivos.

Desde o BNG reiteran a necesidade de cubrir varios parques infantís para que poidan ser empregados todo o ano pois xogar cando veñen épocas de tanta chuvia como este inverno pode ser unha difícil de facer. Asemade creen que se deberían instalar paneis con indicacións de uso e variedade de xogos para as diferentes idades a todos os parques do municipio. Por outra banda instan a que o Concello conte con parques inclusivos e adaptados para crianzas con mobilidade reducidapois entendemos que estas crianzas teñen dereito a xogar en igualdade. Por último propoñen adoptar as medidas para mellorar a seguridade dos parques que están a carón das estradas.

Por todos estes motivos o BNG solicítalle ao Concello de Ribeira:

  • Facer unha limpeza e unha revisión do mantemento de todos os parques infantís, áreas verdes e parques biosaudábeis.
  • Cubrir algúns parques infantís para poder ser empregados todo o ano e dispoñer de variedade de xogos, tamén para crianzas con mobilidade reducida.
  • Que o Concello de Ribeira mellore a seguridade dos parques que están próximos a estradas.
  • Que o Concello de Ribeira faga unha posta a punto das zonas verdes.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...