O alcalde de Rianxo Adolfo Muiños, preside Barbanza-Arousa no ano 2021

10 Febreiro 2021

Esta mañá celebrouse o Pleno da Mancomunidade de Municipios Barbanza
Arousa no Auditorio de Rianxo, co cambio de presidencia e traspaso de poderes, como primeiro punto da Orde do Día. Este cambio prodúcese de forma anual e, para o ano 2021 é a quenda de Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, que recolle a testemuña de Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira.

O alcalde de Rianxo Adolfo Muiños, preside Barbanza-Arousa no ano 2021

Durante a sesión plenaria, ambos os alcaldes destacan a boa sintonía e colaboración que existe entre os catro concellos da Mancomunidade para levar a cabo a estratexia do destino turístico. Esta estratexia seguirá a liña que xa viña traballando, baseada na Ría de Arousa e a Serra do Barbanza como eixos diferenciadores e co Camiño de Santiago por terra e por mar, o turismo náutico e o turismo de natureza como produtos principais. Neste sentido, en vista do Xacobeo 21-22, déronse pasos moi importantes no Camiño de Santiago “A Orixe” coa definición e trackeado do percorrido, a delimitación do mesmo, a panelización e a creación de materiais promocionais. Para este ano abórdase a sinalización e a difusión entre os mercados potenciais. Os roteiros de sendeirismo, que tamén se están poñendo en valor, permitirán ao visitante coñecer a Serra do Barbanza e tamén o mar, porque todas elas ofrecen panorámicas á Ría de Arousa.
Esa fusión, serra e mar, constitúe os cimentos do turismo de Barbanza Arousa, sempre desde o punto de vista da sustentabilidade.

Continuarase, así mesmo, potenciando a colaboración público-privada e o traballo co sector a través da Comisión de Turismo e Comercio e a plataforma de venda cruzada, unha plataforma que integra as experiencias e tamén aloxamento e restauración do territorio e permite a reserva directa e potencia as sinerxías entre o empresariado.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...