O alcalde de Noia comprobou o resultado do acondicionamento da senda do Traba

16 Febreiro 2021

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Marín Fernández Godón, realizaron a semana pasada unha visita ao sendeiro fluvial que discorre paralelo ao río Traba, que, como recordaremos, vén de ser obxecto de traballos de acondicionamento, unha iniciativa que incluíu a mellora do camiño e a colocación de paneis informativos con detalles sobre os aspectos máis relevantes desta contorna.

Este sendeiro, dotado dun importante interese etnográfico, paisaxístico e patrimonial comunica a Ponte de Traba coa aldea de Xei e chega ata o termo municipal de Lousame.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.