O 061 califica de “asunto estritamente privado” o conflicto entre adxudicataria e traballadores no Barbanza

25 Febreiro 2021


A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enmarca nun “asunto estritamente privado” entre a empresa Coexam, adxudicataria do servizo de transporte sanitario urxente terrestre, e os seus traballadores o conflito na zona do Barbanza/Muros.

Así o manifestaron fontes do 061 tras a concentración convocada pola CIG este xoves en Santiago para denunciar “despedimentos encubertos” de tres traballadores e “incumprimentos” de acordos da empresa.

“As relacións laborais entre a empresa Coexam, adxudicataria do lote correspondente ao servizo de transporte sanitario urxente de Barbanza/Muros e o seu persoal constitúen un asunto estritamente privado entre a empresa adxudicataria e os seus traballadores”, subliña o 061.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 subliña que se encarga do seguimento do contrato de prestación do servizo de transporte sanitario urxente e realiza “periodicamente inspeccións” das unidades asistenciais de soporte vital básico e avanzado. A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asegura que garante a atención ás urxencias e ás emerxencias sanitarias “no medio extrahospitalario en Barbanza/Muros”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.