No Son anúncianse axudas para o sector marisqueiro

11 Febreiro 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta semana cos representantes de Portosín e de Porto do Son para coñecer as necesidades e inquedanzas do sector marítimo-pesqueiro da zona. Así, anunciou que a Xunta apoiará ao sector marisqueiro na recuperación das súas zonas de produción antes os efectos causados polos últimos temporais.

Os técnicos da Consellería do Mar levan dende o primeiro momento analizando as zonas nas que se rexistrou baixa salinidade nas augas e desprazamento de marisco cara ás praias a causa do mal tempo. Os profesionais deben agardar a ter unha avaliación completa do estado dos bancos para adoptar calquera medida adicional.

A Xunta pon ao servizo do sector diversas axudas, pero se estas non foran suficientes, buscarán vías de apoio alternativas, como a produción de semente para recuperar os bancos marisqueiros, un proxecto no que que se busca involucrar ao Clúster de Acuicultura de Galicia e ás federacións de confrarías co obxectivo de incrementar a produción dos bancos marisqueiros.

Deste xeito, o que buscan xuntos a Administración galega e o sector é superar as dificultades derivadas da pandemia e volver o antes posíbel aos niveis de actividade previos a esta crise, e lograr así facer o sector atractivo para a xente nova e acadar a remuda xeracional.

Ademais da reunión, a conselleira, Rosa Quintana, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, a presidente de Portos, Susana Lenguas, aproveitaron para visitar e comprobar o avance das obras de remodelación da fachada marítima de Porto do Son. A finalidade desta renovación é a de humanizar o bordo portuario e abrir o municipio ao mar, de xeito que se creen amplas zonas para o aproveitamento e desfrute dos veciños na franxa litoral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...