Na Pobra, a veciñanza poderá celebrar o Entroido cun concurso fotográfico sobre os choqueiros

05 Febreiro 2021

O Entroido da Pobra aposta este ano pola creatividade online, co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria da cidadanía e de asegurar que se manteñan as medidas de protección ante a situación epidemiolóxica. Así o fixo saber a Concellaría da Cultura, que aposta por permitir a continuidade do Entroido pero adaptándoo a novos formatos que respecten as medidas sanitarias adoptadas. Deste obxectivo xorde o concurso fotográfico Choqueirada na casa, que conxuga o desfrute desta tradición coa posta en valor e recuperación da figura do choqueiro. Así o anunciaron neste mediodía a edil da referida área, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a técnica municipal, Fita Sanisidro.

A través deste certame faise un convite a todas as veciñas e veciños para que, con independencia da súa idade, poñan en marcha a súa creatividade botando man dos recursos que teñan na casa.

Establécense para o citado concurso cinco categorías: a infantil (ata 12 anos); a xuvenil (de 13 a 17); a adulta (a partir de 18); a familiar (grupo de persoas conviventes); e a categoría especial (imaxe antiga de choqueiros na Pobra do Caramiñal).

Entre os requisitos figura unha foto por participante e modalidade, ademais de que a presentación sexa en formato dixital JPG a través do enderezo electrónico culturapobra@gmail.com, indicando o nome do disfrace, categoría, nome e apelidos da persoa que concursa e un número de teléfono de contacto.

O prazo vai dende as 00.00 horas do día 12 de febreiro ata as 23.59 horas do día 21 de febreiro. O xurado, composto por persoas pertencentes a diferentes entidades relacionadas coa cultura, valorará a orixinalidade do disfrace e dos recursos empregados.

O ditame realizarase no 26 de febreiro e as persoas gañadoras anunciaranse na páxina web do Concello (apobra.gal) e serán notificadas polas vías de contacto que deixasen estipulada.

Os premios consisten en vales de compra para utilizar nos establecementos locais que participan nesta iniciativa, arredor de 50. Para as modalidades infantil, xuvenil, adulta e familiar establécense 3 premios (primeiro de 200 euros, segundo de 150 e terceiro de 100); mentres que a foto antiga terá o premio especial de 200 euros.

Calquera dúbida será atendida na casa da cultura Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto do mesmo departamento: 981831545.

As bases atópanse publicadas na web da Pobra.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.