Muros abre o proceso para contratar 7 peóns albaneis a través do PEL-Concellos

10 Febreiro 2021

O Concello de Muros anunciou que contratará 7 peóns albaneis a través do PEL- Concellos da Deputación da Coruña, que achega 92.000 euros ao municipio. O proceso de inscrición estará aberto un prazo de 10 días hábiles dende o 11 de febreiro.
A iniciativa selecciona sete peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizo municipais, que desenvolverán as tarefas propias de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade. A duración dos convenios será de 8 meses.
A Deputación duplica o orzamento deste programa, que desta vez alcanza os 6 millóns de euros, para impulsar o emprego e paliar os efectos da crise xerada pola COVID-19 na provincia. As persoas interesadas na oferta poderán presentar as súas solicitudes preferentemente a través da sede electrónica do Concello ou no rexistro xeral en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...