Mantense a bonificación do 10% no canon que os concellos pagan a SOGAMA

01 Febreiro 2021

A Consellería de Medio Ambiente manterá por terceiro ano consecutivo a bonificación dun 10% no canon que pagan a SOGAMA os Concellos adheridos. A Xunta ofrece esta posibilidade aos entes locais que cumpran dous requisitos: promover a redución de residuos e/ou a reciclaxe de envases lixeiros, e trasladar a rebaixa do canon aos recibos dos cidadáns.

A iniciativa pretende seguir incentivando os obxectivos fixados pola UE, a prevención e redución de refugallos en orixe, así como a achega dos municipios á reciclaxe e posterior depósito dos mesmo, por parte dos cidadáns, nos diferentes contedores habilitados na vía pública. O importe do canon non bonificado redúcese dos 69,83 euros/tonelada que se aplicou durante o ano pasado, aos 69,48 euros/toneladas fixados para 2021. Pola súa parte, as entidades locais que se acollan á medida aforrarán case sete euros por tonelada.

Na actualidade son 295 os Concellos adheridos ao modelo SOGAMA, o que supón o 94% dos de toda Galicia. Así, co obxectivo de fomentar a recuperación da materia orgánica e poñela en valora a través da compostaxe, a empresa pública medio ambiental lidera un programa de compostaxe doméstica ao que están adscritas un total de 358 entidades. Deste xeito, a compañía repartiu de forma gratuíta preto de 15.000 composteiro, co fin de evitar que os usuarios depositen os restos orgánicos no contedor verde convencional.

Ademais, SOGAMA planea a construción de tres novas plantas de biorresiduos en Pontevedra, Lugo e Ourense, que completarán a nave que opera xa en Cerceda, así como outras infraestruturas, co fin de que Galicia cumpra cos obxectivos europeos en materia de reciclaxe e valorización da fracción orgánica.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.