“Lumes de onte e de hoxe”. Jacobo Otero Moraña

19 Febreiro 2021

Cando un chega a certa idade é normal que empezo a tomarse as cousas con perspectiva. Hai quen o chama madurez,aínda que no meu caso prefiro falar de capacidade de análise. E é que vendo o que está a pasar os últimos días, non sen pena, éncheseme a cabeza de recordos moi pouco gratos. Hai quen segue crendo que aquela Transición da que tanto nos falan foi unha balsa de aceite, cando a verdade é que tivo momentos máis que tensos,e non só polo 23 F ou os atentados que levaron a cabo organizacións extremistas a ambos os dous lados do espectro ideolóxico. Aínda que hoxe case ninguén se acorda da matanza dos avogados de Atocha, sería inxusto non terlles en mente e centrarnos única e
exclusivamente nas vítimas que pereceron ou resultaron feridas a mans de ETA e os GRAPO, ás que deben sumarse as de TERRA LLIURE e o EGPGC, que tamén fixeron das súas.
Sendo un crío, desde o ático da casa paterna, situado na compostelá República do Salvador, fun testemuña directa de como a Praza de José Antonio tornaba en Vermella, xa que alí reuníanse os manifestantes para subir en contra sentido. Non tardaban en chegar á confluencia con Alfredo Brañas, entón en obras, cousa que lles facilitaba boa provisión de lastras que lanzar aos antidisturbios.
Empezaban entón as carreiras, gomazos e cruces de coches. Así un día tras outro. Ás veces houbo que saír a escape da Quintana e ata da mesma Alameda, onde grupos de ultras quedaban para zurrarse ata a chegada da policía. Curiosamente, uns e outros aceptaban a capela do Pilar como lugar sacro, e por tanto,quen se refuxiaba no interior quedaba momentaneamente a salvo. Pois isto que lles digo non mo contou ninguén. Vino. Así que cando volvo ver rifa, sexa onde sexa, é inevitable que a miña mente volva recrear aquela situación que cría completamente superada. Miren por onde que as pantasmas non morren. Só están latentes. Entón falábase de loita pola liberdade. De falta de democracia plena. De mantemento de estruturas franquistas Sóalles? Porque pasaron máis de corenta anos e seguimos #ás voltas con o mesmo. Naquel afastado decenio que foi entre 1976-86,vale que a cousa estaba fresca Pero agora?Cunha Constitución exemplar como é a de 1978 e figurando no posto vinte e tres entre as democracias plenas que existen no mundo? Se botan unha ollada por aí ou tiveron posibilidade de viaxar un pouco, daranse conta do que temos(ou tiñamos). O caso é que vendo arder rúas,vehículos e mobiliario urbano, foi inevitable pensar na noite en que uns “loitadores pola
liberdade” tiraron abaixo o portalón do almacén do meu pai e sacaron varios mobles para prenderlles lume. Imaxino que sentiu a mesma rabia e impotencia que os comerciantes que agora ven esnaquizados os seus negocios. Os mesmos que houberon de aguantar estoicamente os peches, ben permanentes ou sometidos a horarios restritivos. Os mesmos que andan pensando en como van saír desta, ou se van recibir a axuda dos famosos ERTEs. Pois agora resulta que non importa o toque de queda. Que o
Covid xa non se contaxia nin mata á xente. Resulta que alentados por un sector do propio goberno, pódese saír a armar un conato de revolución. E ollo. Os incidentes violentos non son culpa destes aprendices de matón, senón das Forzas de Seguridade, das leis que non deixan a un “badanas”soltar os seus pezoñas entre doces gorgoritos e de toda esta corruptela burguesa na que nos estivemos regodeando. Toca dar o apertón definitivo e tomar como exemplo esa Chinesa emerxente, onde unha clase de privilexiados vai constituír a nova elite do “Partido”. O resto, a traballar e a casa.
Nada de bares nin de esmorgas descontroladas. A quen se lle ocorre!! Todo o máis, series e películas na plataforma de quenda,e xa veremos que se pode atopar polas redes…Porque dun tempo para acó, vemos aos que mandan moi preocupados. Éncheselles a boca coa palabra “LIBERDADE”, pero de “DEMOCRACIA” falan pouco.

Por certo, non se lles esqueza aos demais seguir utilizando a máscara. E nada de abrazos nin cousas polo estilo. O virus enseguida atacaríanos. Só aqueles que saen en defensa do “enxeñoso cantarín” emulando a Nerón, é dicir, prendendo lume a Roma para acto seguido compoñer unha oda
tanxendo o arpa coa mesma man tisnada, veranse libres de calquera efecto nocivo. Un cría velo todo, pero a situación actual lévame a pensar que neste mundo de absurdos, deidades arcanas xogan a man definitiva e pretenden facer saltar a banca.

Outros artigos

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

+

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

+

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

+

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.