Lousame onde mais choveu este martes. Este mércores teremos choivas pola mañá e temperaturas en descenso

02 Febreiro 2021

O temporal costeiro que afecta a Galicia provocou este martes acumulacións de choiva de máis de 69 litros por metro cadrado en Lousame e refachos de vento de case 113 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras en Ourense.

O mércores quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Así, tras unha mañá de chuvascos xeneralizados localmente tormentosos, pola tarde espéranse ceos con nubes e claros ao leste e moi nubrados con precipitacións nas comarcas atlánticas. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará do suroeste moderado, virando a sur pola noite.

Na nosa costa: Mar de fondo do oeste con ondas de 5 a 6 metros no litoral atlántico na primeira metade do día.

Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 5 a 6. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá e 4 a 5 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:440.6 m
Preamar07:023.8 m
Baixamar13:180.6 m
Preamar19:293.4 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:350.7 m
Preamar06:543.7 m
Baixamar13:090.7 m
Preamar19:223.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:400.6 m
Preamar06:593.7 m
Baixamar13:130.6 m
Preamar19:263.4 m

.

Outros artigos

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda. Video

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda, desde o Museo de Pontevedra O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a gravación da mesnaxe de Fin de Ano de 2025. Museo Provincial (Pontevedra), 27/12/25. Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta...

+

Amicos despide 2025 coas pre-badaladas no Centro Integral de Boiro

A Asociación Amicos celebrou este mércores 31 de decembro as tradicionais prebadaladas de fin de ano no Centro Integral Amicos de Boiro, nunha xornada festiva na que participaron máis de 40 persoas beneficiarias da entidade. O encontro contou coa presenza da directora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.