GALP financia o 90% da renovación da nave de redes de Portosín

15 Febreiro 2021

A nave de redes de Portosín comezarase a renovar nos próximos meses. Así o acordaron nunha reunión os representantes da confraría, os membros da administración local e a xerente de GALP, Manuela Oviedo.

Este proxecto xa estaba pensado para anos atrás. Porén, non saíu adiante pola falta de presuposto. Esta vez, o investimento de 200.000 euros será asumida case na súa totalidade pola empresa GALP, xa que se encargará do 90% dos gastos. O presuposto restante será sufragado polo Concello da localidade, a confraría e o colectivo de redeiras e redeiros.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo Pouso, remarcou que “o que se pretende non é a típica nave de bloques e tellado de uralita, polo que lle darán un cambio de imaxe”. Ademais, sinalou que “o obxectivo principal que se persegue con este plan é mellorar as condicións de traballo das redeiras”.

De feito, o proxecto inclúe a reorganización do espazo e a mellora da eficiencia enerxética e das condicións térmicas, a parte dunha intervención na cuberta e na fachada, co fin de evitar filtracións de auga. Doutra banda, cabe resaltar que se aumentará a área para instalar unha oficina turística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.