Galicia celebra este mércores o ‘Día de Rosalía’

23 Febreiro 2021

A comarca celebra este mércores o Día dedicado á insigne escritora tal como recollemos en diversas informacións xa publicadas en O Barbanza.

Por outra banda Galicia acolle tamén este mércores o ‘Día de Rosalía’ e celebrará o aniversario do seu nacemento con ofrendas florais, lecturas e diversos actos para rememorar e render homenaxe ao legado da autora de Follas Novas.

A axenda de eventos arrincará coa plantación dunha filla da ‘Figueira de Rosalía’ no Parlamento de Galicia ás 09,30 horas, á que seguirá un acto institucional, ademais doutro na Praza de Vigo ás 11,00 horas, no lugar onde naceu a autora.

Ademais dunha plantación no ‘Parque do Recordo’ do Pazo de Faramello en Rois, a Fundación organiza unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía en Padrón ás 13,00 horas.

A Fundación que leva o seu nome convida a celebrar a súa figura a través da súa obra, facendo un ‘Caldo de Gloria’ ou interpretando a ‘Alborada para Rosalía’.

O responsable da entidade, Anxo Angueira, lembra que insta a lembrar á escritora “coa alegría da música” e a “esperanza da Alborada”, a pesar de que a pandemia sanitaria divida aos galegos.

Outras institucións, como as Deputacións da Coruña e Pontevedra, sumaranse tamén á conmemoración da xornada. A institución provincial coruñesa destaca o Festival Rosalía, coa participación de figuras como a música Uxía, a escritora María Reimóndez e o percorrido sobre o territorio da vida da autora. A Deputación de Pontevedra, pola súa banda, celebrará actos ás 12,00 e as 19,00 horas en Vigo e Pontevedra, respectivamente, nas sedes provinciais de ambas as cidades.

Estes actos contarán con representantes do mundo da cultura, a arte, a igualdade e a comunidade escolar e de representantes políticos como a presidenta provincial, Carmela Silva, e os alcaldes Abel Caballero e Miguel Anxo Fernández Lores.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...