“Fame e desigualdade”. José Manuel Pena

26 Febreiro 2021


800 millóns de persoas pasan fame, literalmente, no planeta. Cantidade de países con grandes niveis de pobrez extrema e fortes desigualdades, principalmente en América latina, en África ou en Asia.
Por se fose pouco, España é un dos tres países de Europa con maior nivel de desigualdade, a pesar de que o sistema de servizos sociais desenvolveuse intensamente no últimos trinta anos, pero necesita moito que mellorar. A estas alturas, aínda non é unha realidade a garantía dunhas rendas mínimas que garanta unha protección social digna e adecuada para todos os cidadáns, dunha maneira real e efectiva.
A realidade, e os propios expertos económicos, indícannos que as futuras xeracións van vivir moito peor que os nosos pais e avós. Isto por repetilo moitas veces non vai cambiar a situación como non adoptemos as medidas correctoras oportunas.
Temos que tomar conciencia da necesidade dunha mobilización social para que os gobernantes e os organismos internacionais, como a ONU, cumpran cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio para erradicar a pobreza e a fame en todo o mundo antes do 2.030.
Lamentable que no século XXI siga habendo millóns de persoas “morréndose” de fame no mundo, é que algo falla no sistema, que non é ben xestionado por parte dos nosos mandatarios que se limitan a tomar medidas cortoplacistas.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.