Este xoves nova retransmisión da Real Filharmonía de Galicia pola rede

11 Febreiro 2021

A orquestra emitirá a partir das 20.30 por streaming as Sinfonías núm. 3 e 4 de Beethoven, gravadas o verán pasado.

Debido ás actuais restricións sanitarias, a Real Filharmonía de Galicia decidiu cancelar todos os seus concertos -tanto no Auditorio de Galicia como por streaming- e toda a actividade que tiña prevista durante polo menos tres semanas, á espera de que a situación mellore. Pero, a fin de non perder o contacto co seu público, a RFG ofrecerá cada xoves, a partir das 20:30 horas, unha selección dos seus concertos anteriores e gravacións que a orquestra ten no seu arquivo.
Este xoves, 11 de febreiro, a Real Filharmonía de Galicia emitirá por streaming a Sinfonía núm. 3 e a Sinfonía núm. 4 de Beethoven. Ambas as obras foron gravadas o pasado mes de xullo no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.
Este concerto poderá seguirse a través das redes sociais da orquestra, en particular do seu Facebook e da súa canle de Youtube, e tamén a través da plataforma Tolemias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.