En Ribeira o sector de calzado e confección incorpórase este sábado ao mercadiño

19 Febreiro 2021


O Concello de Ribeira informa de que a partir de mañá o sector de calzado e confección incorpora ao mercadiño de Ribeira sumándose aos de alimentación e plantas que xa veñen operando dende o pasado 23 de xaneiro.
Así, en total son 136 os postos convocados, dos cales 56 pertencen a
alimentación e plantas e 80 se corresponden cos números pares da
parte de calzado e confección (en tanto que os números impares
farán o propio a semana que vén, alternándose).
Redución da tarifa
Tocante a este sector de calzado e confección, cómpre informar de
que no pleno da Corporación do vindeiro luns tratarase un punto na
orde do día que contempla a redución ao longo do exercicio 2021 da
tarifa nun 50% como consecuencia do covid-19. Así, de saír aprobada
a proposta de alcaldía, de 2,48 euros por metro e día que contempla
a vixente ordenanza fiscal pasaríase a 1,24 euros por metro e día.
A proposta tamén prevé outras reducións nas actividades
consignadas como venta ambulante en ‘vehículo-tenda’ (10,89 a
8,17€) e como ‘actividades restantes’ (de 1,86 a 1,24€).
Así mesmo, prevese a modificación da ordenanza fiscal xeral para
habilitar á Xunta de Goberno Local á redución de taxas cando por
circunstancias excepcionais de saúde pública, restricións de
mobilidade, estado de alarma ou similar, se limite total ou
parcialmente o exercicio da actividade económica correspondente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.