En Ribeira aprobada a licitación para o pavimentado con plataforma única da rúa Romero Ortiz

26 Febreiro 2021

O Concello de Ribeira deu luz verde á licitación do pavimentado da rúa Romero Ortiz, un vieiro que esta semana foi obxecto de melloras en seguridade e mobilidade coa instalación e posta en marcha da súa regulación semafórica.

Así, mentres que os labores ultimados esta semana ían dirixidos a afianzar a seguridade na circulación, a obra que se pretende facer (nos vindeiros días dará inicio o prazo de presentación de ofertas) busca “mellorar as condicións de accesibilidade da zona a través da creación dunha plataforma única na que vehículos e peóns circulen á mesma cota, pero con zonas diferenciadas, mellorando e ensanchando as áreas de tránsito peonil”, explicou o Concello, engadindo que para o dito obxectivo substituirase o aglomerado da calzada por pavimento de formigón semipulido no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito.

O Concello tamén fai saber que a delimitación entre o pavimento de formigón da calzada e a pedra das beirarrúas terá lugar mediante bordos de granito. A obra abrangue dende a confluencia desta rúa co Malecón ata máis aló da rúa Cervantes, tal e como aparece no plano adxunto.

A iniciativa ten un prezo de licitación de 164.161 euros e forma parte do POS 2020. O prazo de execución son cinco meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...