En Porto do Son convócase un concurso online para celebrar polo grande o Entroido

09 Febreiro 2021

En Porto do Son a festa do Entroido segue viva este mes de febreiro, aínda que loxicamente cun formato alternativo que manteña a creatividade e o espírito festeiro ao tempo que se garante a seguridade das e dos veciños. Baixo a etiqueta #EntroidoOnline, o Concello organiza o concurso nas redes no que cada quen terá que preparar o seu disfrace e mostralo para participar a través de dúas categorías: individual e familiar.

Haberá dúas maneiras de implicarse: enviando catro fotografías ou un vídeo (de non máis de dez segundos) á conta de correo osondoentroido@gmail.com. Achegaranse seis premios de diñeiro en metálico (tres por cada unha das dúas categorías establecidas: individual e familiar). O prazo fica aberto até o 16 de febreiro, e ao día seguinte daranse a coñecer as e os gañadores.

Podemos consultar as bases do certame na web de Porto do Son, nun documento en PDF.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.