En Lousame, o Concello envía a seis cativos as medallas do Torneo de Nadal de Xadrez

02 Febreiro 2021
O xogador Nicolás Outeiral tamén recibiu a súa distinción do Concello

O Concello de Lousame, a través do departamento de Deportes, enviou aos domicilios dos nenos do termo municipal que xogaron a terceira edición do Torneo de Nadal de Xadrez as medallas e trofeos que recoñecen a súa participación no certame. A achega das condecoracións fíxose deste xeito e por esta vía para garantir o distanciamento e seguridade sanitaria ante as restricións e medidas de seguridade establecidas para frear a curva de contaxio da COVID-19.

A competición desenvolveuse nunha única fase, o pasado 26 de decembro, a través das plataformas dixitais. No torneo participaron máis de 30 nenos e nenas das escolas dos concellos do Barbanza e da área de Compostela.

O Concello de Lousame recoñeceu a nivel local a clasificación dos seis nenos participantes.

Neste caso, ademais, o neno que ocupa a primeira posición do ranking local, Nicolás Outeiral, tamén se alzou co terceiro posto na clasificación xeral.

A clasificación xeral quedou como segue:

1.- Noel Casares (18 puntos)

2.- Sergio Calvo (16 puntos)

3.- Nicolás Outeiral Suárez (15 puntos)

A nivel local, na categoría Sub-14 a clasificación foi a seguinte:

1º.- Nicolás Outeiral Suárez (15 puntos)

2º.- Daniel Boo Miguéns (14 puntos)

3º.- Pedro Fernández Rey (13 puntos)

4º.- Marcos Regueira Miguéns (6 puntos)

E na categoría Sub-10 a clasificación foi esta:

1º.- Xoel Ferreirós Rodríguez (9 puntos)

2º.- Manuel Fernández Moledo (7 puntos)

As clases de xadrez que se imparten no concello de Lousame son online dende que comezou a pandemia, e os nenos e nenas que practican esta disciplina descenderon nun 50% neste novo curso (pasando de 13 alumnos e alumnas a 6).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.