En Boiro, reciclados 5.950 quilos de aceite vexetal doméstico no 2020

05 Febreiro 2021

En decembro de 2019, o Concello de Boiro instalou contedores de aceite usado en distintas zonas do municipio e dende entón conseguiuse recoller 5.950 quilos de aceite vexetal doméstico, que serve como biocombustíbel para motores diésel e abono ou para a elaboración de ceras, vernices, cremas e deterxentes.

Segundo o departamento de medio ambiente do Concello de Boiro, “traballase para fomentar a reciclaxe de residuos e outros materiais, xa que o aceite doméstico usado pode causar danos importantes ao medio ambiente se non se recicla de xeito adecuado, como atascar tubaxes e saneamentos ou contaminar os rios e mares”.

Na localidade hai colocados arredor de 30 puntos de recollida de aceites, tanto nos núcleos urbanos como no rural, co fin de fomentar a reciclaxe de aceite. Os veciños deben reciclar de maneira correcta, depositando o aceite nos contedores en botellas de plástico. Así, os frascos recóllense e trasládanse a centros de transferencia para separar os impropios. Tamén se destilan para eliminar a auga, os sedimentos e os metais pesados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.