En Boiro ofrécense prácticas de formación en turismo, recursos humanos e servizos sociais

18 Febreiro 2021

O Concello de Boiro anunciou a convocatoria de bolsas de formación nas áreas de Educación Social, Persoal e Recursos Humanos e Turismo. As bolsas de formación están destinadas a persoas acabadas de graduar en algunha das universidades galegas. Segundo engade o Concello, toda a información sobre as bolsas está a disposición das persoas interesadas no departamento de Persoal.

O obxectivo é “potenciar a formación para aumentar a empregabilidade no municipio” ao tempo que se potencia a formación dual e ofrécese experiencia laboral aos estudantes universitarios. Tamén se busca poñer en valor as ideas e traballo dos novos titulados participando en proxectos no Concello de Boiro.

Os requisitos das persoas solicitantes destas bolsas de emprego son ter a titulación universitaria da área correspondente: Grao en Educación Social, Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos ou Gran en Turismo, Historia ou Xeografía e Historia. As persoas solicitantes teñen que ter remataxos os estudos nos últimos tres anos, ser menores de 31 anos e inscribirse no Servizo Público de Emprego.

En total ofértanse tres bolsas, unha en Persoal e Recursos Humanos, outra en Educación Social e outra en Turismo de dous meses de duración cada unha delas. Máis información sobre as bolsas de formación na web municipal ou no departamento de persoal do Concello de Boiro.

Outros artigos

Boiro supera a media galega en doazóns de sangue

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver unha campaña especial para fomentar as doazóns durante o presente verán e, no marco desta campaña, a unidade móbil estará en Boiro os días 17, 18 e 19 de xullo. O alcalde, José Ramón Romero, e o...

+

Incendio nunha finca urbana no Concello de Boiro

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron onte a unha chamada, sobre as 19:15 h, alertados  polo incendio nunha finca urbana preto de vivendas, na avenida de Compostela, no Concello de Boiro.   Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais controlaron o...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.