Dodro presenta un vídeo que promove a calidade das súas escolas

18 Febreiro 2021


A Concellería de Educación, Deportes e Emprego do Concello de Dodro presentou un vídeo a través do cal trata de promover e dar maior visibilidade aos centros educativos do municipio. Actualmente son tres os centros que se localizan en Dodro e saen no vídeo, Galiña Azul, C.R.A. de Dodro e C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón.
O vídeo mostra a calidade que existe en Dodro para o proceso de desenvolvemento persoal, a través de varias testemuñas de ex-alumnos, directora do C.R.A. e pais, que resaltan o trato directo entre educadores e que se converte nunha relación case familiar.
No caso dos Centro Rural Agrupado de Dodro está formado por catro escola, Bexo, Chenlo, Vigo e Lestrobe, onde é posible realizar unha educación moi personalizada debido ao número de alumnos tan baixo, e ademais os alumnos gozan dun entorno natural moi positivo para o desenvolvemento das súas facultades como é o espazo natural das Brañas de Laíño.
Doutra banda, no Centro Plurilingüe Integrado Eusebio Lorenzo Baleirón levan a cabo un proxecto común tódolos cursos, como o Plan Proxecta que agrupa actividades deportivas, de horticultura, saúde, etc. Neste caso a pouca masificación das aulas permite ós docentes un amplo coñecemento sobre todos os integrantes da comunidade educativa.

Outros artigos

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

+

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.