Detido un varón en Ribeira en posesión de 120 papelinas de cocaína e heroína

05 Febreiro 2021

Os axentes da Policía Nacional de Ribeira detiveron a un home de 33 anos de idade, veciño de Ribeira, como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

O varón foi detido no seu vehículo nun dispositivo establecido para a prevención do tráfico de drogas de Ribeira. Os axentes interceptaron o vehículo do detido, e durante o rexistro foron localizados ocultos en diferentes habitáculos do turismo, 84 envoltorios termosellados, coñecidos como papelinas, de cocaína e 36 de heroína. Ademais a policía interveu o vehículo, un teléfono móbil e diñeiro en efectivo.

O citado individuo, conta con antecedentes similares, xa que foi detido a semana pasada en circunstancias similares, onde se lle atopara naquela ocasión 120 papelinas de cocaína, 48 de heroína e un vehículo.

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución Número Tres de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...