“De visita o xeriátrico”. José Manuel Pena

23 Febreiro 2021

Cada visita é diferente. Unhas veces a alegría nótaselles no rostro pero noutras moitas ocasións atópanse apagados, de mal humor ou simplemente sen apenas ganas de falar. Afloran os recordos, bos e non tan bos, e ven que xa non están algúns seres queridos ao seu lado.
Uns porque se atopan traballando, outros moi lonxe na distancia ou simplemente inmersos coas súas propias vidas.
Seguen no seu pequeno universo, xunto a persoas da súa mesma idade, con doenzas similares e con decenas de historias diferentes nas que predominan os sacrificios polos seus pais e os seus fillos e moi pouco lecer e
diversión. Algúns non coñeceron o que era dispoñer duns días de vacacións, se deixamos ao carón unha fin de semana. Outros traballaban de sol a sol, no campo ou no mar, toda a vida. A pesar de todo só teñen o
posto, sobrevivindo grazas á súa pequena pensión de xubilación ou
invalidez.
Algunhas destas visitas ao xeriátrico déixanme preocupado, #ante tanto
dor e soidade que padecen algunhas das persoas maiores que alí se atopan.
Por iso dóeme cando me decato que unha familia da Comarca, próxima á residencia de maiores, chega para levar ao seu pai, ante a precaria situación familiar (ambos os cónxuxes quedáronse sen traballo) e necesitan a pensión para sobrevivir. A valentía e dignidade do pai estivo á altura das circunstancias e opta por quedar no centro residencial. Considera que se antes era considerado unha molestia para a familia, agora, por mero interese material, acórdanse del. Non é xusto nin razoable. Prefire pasar os seus últimos días con xente que o quere polo que é e non polo que ten.
Estráñame non ver a esa señora que senta no mesmo lugar… . Doume
unha volta por outra estancia e atópoma soa e triste. Póñolle a miña man sobre a súa cara, abre os ollos e sorrí. Está triste porque lle invaden
os bos recordos vividos xunto ao seu esposo. Este xa pasou a mellor
vida e revive, na súa mente de cando en vez, aqueles anos de tanta
felicidade. Pero, mañá, seguro que volve estar no mesmo lugar.

Outros artigos

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

+

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

+

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.