
Cando naceu Podemos un dos grupos importantes eran os anticapitalistas, representada en Andalucía, Teresa Rodríguez, hoxe fumigada por desexo do xefe.
Eu que vivín en USA e na URSS, naquela época o gran imperio soviético. (60 días). Podo dicir algo.
As persoas que me falan de destruír, de cambiar o maldito capitalismo sempre lle digo por cal teoría o substitúes, algúns non teñen resposta, outros falan dun socialismo de repartición en que todo somos igual (Divos meu todos iguais).
Non entendo como a xente emigra a países capitalistas, e escapan dos comunistas.
Certamente o capitalismo é modificable, non é perfecto.
O paraíso comunista é tan belo e tan fermoso que un día preguntei a un militar a razón de ter tres soldados no barco un en proa outro en popa e outro no centro, escaleira real, resposta: é para que non quededes.
Este próximo agosto fará 60 anos da construción do Muro de Berlín, chamado tamén muro da vergoña.
Contabilizáronse unhas 5000 fugas a Occidente; 192 persoas morreron por disparos ao tentar cruzalo e outras 200 resultaron feridas; 57 fuxíronse a través dun túnel de 145 metros, cavado polos occidentais, nos días 3, 4 e 5 de outubro de 1964.
O asasinado máis coñecido é o mozo Peter Fechter, a quen está dedicada a canción “Libre” de Nino Bravo, e a columna inconclusa que mostra a foto, o mozo ferido paso o aramado e alí quedo tres horas morrendo silenciosamente sen recibir axuda.
Non entendo porque a xente escapa do paraíso comunista ata o grao de poñer en risco a súa vida, para vir vivir nas miserias do capitalismo.
Na miña estancia no paraíso comunista fixen amizades, Martin K quen é o autor do meu retrato, e un mozo que tiña o poder que mentres a nosa comitiva no teatro foi situada en butaca, a min instálome nun palco xusto encima do escenario.
Visitei un hospital, distintos lugares belos, vin a rodaxe dunha peli, en autobús me, nos, trasladaron a outros lugares de interese, inquietábame que todos os monumentos, estatuas eran de temas belicistas. Quixen coñecer Moscova, visitar casa museo de Boris Parsternak ,solicite permiso que me foi concedido o día da miña marcha. Co meu amigo estabamos todos os días, tiña intereses en coñecer e a mellor forma de coñecer é preguntar.

Na empresa aos obreiros máis produtivos regalábaselle un banderín como recompensa, aos que eran moi bos durante un mes poñíase a súa foto en grandes valos publicitarios.
Para ser breve, por iso de breve dúas veces bo, tal é así que o mesmo fillo do que un día fose todopoderoso Nikita Jrushchov, Sergio escapo para o país emblema do maldito capitalismo USA, exercendo de profesor en Brown University.

A fotografía mostra un momento de noso dialogo, díxome direiche algo que non está publicado e é descoñecido, foi como consecuencia de falarlle dos Kennedy e do problema dos 13 días, o conflito dos mísiles.
Bo creo que todo está dito por hoxe
“Prefiro morrer apuñalado no metro de Nova York a vivir nunha dacha nos arredores de Moscova”, dicía Felipe González 1980.