Collen impulso en Noia os novos proxectos de mobilidade e infraestruturas

24 Febreiro 2021

O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Economía, Facenda e Deportes, Laura Salgado, reuníronse a semana pasada coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para avaliar en conxunto as principais necesidades do termo municipal en materia de equipamentos, conexións, servizos e accesibilidade, ao tempo que se avaliaron os principais proxectos que se están a impulsar no dito territorio.

Proxectos como por exemplo a construción da glorieta do cruce da Barquiña, a mellora da ponte medieval en Pontenafonso ou a posta en funcionamento do alumeado da variante da ponte sobre a ría e da ponte de Ceilán. Tamén trataron na xuntanza cuestións como o convenio de mellora da ETAP e a aprobación definitiva do PXOM.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.