Boiro realizará obras para a mellora dos centros de ensino do municipio

24 Febreiro 2021

O Concello de Boiro porá en marcha unha serie de obras para o mantemento e mellora de todos os equipamentos municipais nos centros de ensino do municipio cun importe de 290.024,74 euros.
Estas actuacións darán continuidade a aposta dos anos anteriores, nos que o Concello executou obras de mantemento e reparación en diferentes centros do municipio, como pintados de aulas e equipamentos ou reparación de luminarias, así como actuacións no exterior. “ Co novo plan de obras continúanse cubrindo esas necesidades nos centros para que todo o alumnado goce das mellores instalacións”, comentou a Concelleira de Educación, María Outeiral.
O novo plan de obras recolle un total de cinco importantes actuacións, que teñen como obxectivo mellorar as condicións do alumnado nos centros educativos. Por un lado, mellorarase a seguridade viaria e accesibilidade no entorno dos centros públicos de ensino (Av. de Compostela),executando novas beirarrúas e pasos de peón, ademais de renovar as luminarias viarias. Doutra banda, levarase a cabo a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos no acceso ao CEIP Escarabote, dotando á zona dunha nova beirarrúa e pavimento asfáltico novo para garantir a seguridade viaria do
alumnado.
Na mesa liña, realizaranse obras para a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos no estacionamento do CEIP Abanqueiro, a través dun espazo de 650 metros cadrados que servirá como zona de estacionamento interior para uns 17 vehículos. O CEIP Santa María do Castro e IES Espiñeira tamén verán mellorada a seguridade viaria nos seus centros, coa realización de beirarrúas accesibles, paso de peóns e renovación do alumeado.
Por último o O CEIP Santa María do Castro será reacondicionado coa instalación dunha fachada térmica no edificio principal, que ten como obxectivo a mellora enerxética, eliminación de humidades e condensacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.