Barbantia estuda levar ás redes boa parte da súa vindeira actividade cultural

01 Febreiro 2021

O evento cultural e literario que tiña previsto para este venres 29 en Rianxo a Asociación Barbantia non puido ser, finalmente, como estaba perfilado. O motivo: a necesidade de garantir ao máximo a seguridade sanitaria das e dos integrantes do colectivo e de todas as persoas que tiñan previsto acudir, coas debidas medidas de protección, á presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luís Axeitos, actividade enmarcada no eixo dos Actos Castelao 2021. Tamén estaba previsto dar a coñecer o suplemento 161 de A Voz de Barbantia, da man de Xosé Luis Veiras, autor plástico do proxecto. As dúas citas fixadas para este venres no Auditorio de Rianxo foron adiadas para cando a situación sanitaria mellore. Porén, si que se levou a cabo a asemblea xeral de Barbantia, de xeito telemático.

Ao seu abeiro, aprobouse e deuse impulso á programación cultural deste ano argallada polo colectivo comarcal, unha programación que de xeito inevitábel vén marcada pola COVID-19 e pola necesidade de dar unha viraxe dixital a boa parte da actividade normal da asociación (apuntalándose a posibilidade de levar a cabo as presentacións literarias previstas a través de streaming en Internet) e por desbotar a vertente da axenda que non sexa posíbel realizar con normalidade nin sequera a través das redes.

Entre as actividades que nun principio está programado manter tópanse a Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño, o Encontro de Poesía e Música no Barbanza e presentacións de libros como Vida e traballo no mar dos galegos, de Francisco Calo Lourido; Celada, de Antonio Piñeiro; Donos de seu. Loitas, arelas e froitos da xente do mar de Porto do Son (1580-1830), de José Manuel Vázquez Lijó; ou Unha tirada de dados, de Manuel Cartea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.