Avanzan en Noia as obras de reforma da fachada marítima

16 Febreiro 2021

O pasado 12 de febreiro o alcalde e o concelleiro de Obras de Noia, Santiago Freire e Martín Fernández, respectivamente, reuníronse co director e cos técnicos responsábeis do desenvolvemento das obras da fachada marítima noiesa. A xuntanza serviu para facer un seguimento do avance dos traballos e, tamén, para dar a coñecer algunhas novidades sobre o seu desenvolvemento.

Segundo confirmaron, nos vindeiros días comenzarase a colocar a pasarela peonil e rematarase a colocación do parapeto de protección.

Como lembraremos, os traballos da fachada marítima inclúen (entre outras cousas) a ampliación da rotonda que comunica os peiraos de Gasset e Cadarso coa ponte do Campo (que terá catorce metros de diámetro) e a habilitación dun novo treito de pasarela peonil paralela á estrada. Trátase dunha aposta pola humanización e por unha mellor e máis segura mobilidade que tamén dá acubillo á ampliación dos carrís para facer posíbel un fluxo de tráfico máis cómodo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.