As traballadoras do Centro de Día e a Escola Infantil de Boiro anuncian mobilizacións

17 Febreiro 2021

Persoal das escolas infantís, centros de maiores e oficinas da Xunta que son xestionados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade de Benestar está a preparar mobilizacións para reivindicar a importancia social, formativa, dinamizadora e sanitaria do traballo que desenvolven e a prol de garantir a súa continuidade. A estas mobilizacións súmanse entre outras as traballadoras do Centro de Día e a Escola Infantil de Boiro (Galiña Azul), que anunciaron o inicio dunha folga indefinida que comezará este xoves día 18 durante toda a xornada, e ampliarase durante os xoves seguintes con paróns de 8,00 a 11,00 da mañá. A orixe da nosa protesta está, aclaran, en que “a Xunta pretende desmantelar o noso equipo profesional”. Faríao, sosteñen, no peor momento posíbel: no medio dunha pandemia “na que todas e todos estamos en primeira liña”.

As traballadoras de Boiro lembran que accederon aos seus postos de traballos polos sistemas selectivos legais que as administracións estableceron, con contratos temporais feitos ex profeso para desempeñar postos de traballo nos que levan desenvolvendo o seu labor profesional dende hai máis dunha ducia de anos. Ao longo dese tempo, explican, “a Xunta comete abuso reiterado con nós nos nosos contratos laborais, e agora, en vez de facer o posíbel para que os nosos contratos sexan fixos, pretenden botarnos a rúa”.

Tamén recordan que as directivas europeas prohiben o uso abusivo da contratación temporal “a que nos vimos sometidas todos estes anos”. E engaden: “Na defensa dos nosos postos de traballo, obríganos a colapsar os xulgados (numerosas sentenzas xudiciais nacionais recoñecen o abuso ao que levamos condenadas dende fai máis dunha década) e a facer mobilizacións para poder seguir traballando”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.