As deportistas rianxeiras rompen desigualdades na revista DESligaTE

19 Febreiro 2021

Rianxo é un referente deportivo e, ademais, un referente da igualdade no deporte. Isto reflíctese no primeiro número de DESligaTE, xornal deportivo en contra das violencias machistas, un proxecto da Universidade da Coruña que achega unha mirada integradora ao deporte e libre de exclusións, estendendo a loita polo igualitario ao resto dos ámbitos sociais.

O xornal conta (como dixemos) con importante participación rianxeira. Vén da man da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC e conta co apoio da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA e os Centro de Información á Muller de Ferrol e Coruña.

Manuela Vázquez Coto (Rianxo, 1980), licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e profesora de Educación Física, aborda no seu artigo Fútbol, no centro do patio? a necesidade da creación de espazos de xogo nos patios escolares que cubran as necesidades e os intereses tanto de nenos coma de nenas.

Na revista hai tamén unha entrevista a Carme Veiga (Rianxo, 1997) formada no Club de Remo Rianxo e na actualidade patroa do Club Remo Ares, na que fala da súa experiencia no mundo do remo.

Tamén se recollen fotografías da bancada feminina da traiñeira do Club Remo Rianxo e do CD Unión Feminino de fútbol do CD Unión de Asados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.